MÚSICA, ROTEIROS EN BICI, ANDAINAS CULTURAIS E UNHA FOLIADA ENCHERÁN ESTA SEGUNDA EDICIÓN DA SEMANA DA PATRIA QUE PROGRAMA, EN LUGO, A ORGANIZACIÓN XUVENIL DO BNG

Rubén Arroxo guiou un Roteiro Nacionalista de Galiza Nova na Semana da Patria en Lugo

IMG_6035

“Percorremos lugares que foron importantes na historia do nacionalismo galego” afirmou Arroxo

Rubén Arroxo guiou un Roteiro Nacionalista de Galiza Nova na Semana da Patria en Lugo

Lugo, 19 de xullo 2018. Un grupo de integrantes de Galiza Nova e simpatizantes da organización xuvenil do BNG, percorreron varios puntos da cidade para coñecer lugares que foron referentes na historia do nacionalismo galego. Este é un dos actos que se enmarca nas xornadas programados pola formación, en diferentes vilas e cidades, neste mes no que se celebra o 25 de xullo. “Percorremos lugares que foron importantes na historia do nacionalismo galego” afirmou Arroxo.

Os actos iniciáronse, o luns, cun acto simbólico de apertura no que se despregou da Bandeira da Patría na Ponte Romana e ao que asistiron militantes e simpatizantes de Galiza Nova. Os actos pecharánse o venres 20 de xullo cunha Foliada pola Patria que se celebrará na Praza do Campo.

O voceiro de Galiza Nova, Alexandre Espiño, fixo un chamamento a participar masivamente na celebración do Día da Patria, que se conmemora este ano baixo o lema Sumar por Galiza, precisamente como referencia expresa a unir a todas as persoas que confían no potencial do país para construír un futuro mellor. Este ano enmárcase na campaña do 30 aniversario de Galiza Nova ’30 anos de loitas’ así como no 50 aniversario da recuperación do Día da Patria.

Rubén Arroxo guiou un Roteiro Nacionalista de Galiza Nova na Semana da Patria en Lugo