EDILES DO BNG NO CONCELLO DE LUGO E OS DEPUTADOS NA DEPUTACIÓN DO BNG VISITARON AS PASARELAS QUE LEVAN MÁIS DUN ANO DESTROZADAS SEN QUE SE FIXERA NADA
O BNG reclama no Concello e na Deputación o arranxo das infraestruturas de madeira no paseo do Miño e Rato
Rubén Arroxo dixo que “co bo tempo vaise incrementar o número de usuarios destes espazos de lecer e débense poñer a punto as infraestruturas que se estragaron”
Arroxo dixo que “ademais de facer o mantemento necesario nos camiños e no seu entorno hai que acometer o arranxo das estruturas de madeira”. Rubén Arroxo sinalou que, nalgúns casos, haberá que substituír algunhas destas infraestruturas xa que, ou ben desapareceron ou, o seu estado non permite o arranxo. O BNG trasladará esta petición tanto á Deputación como ao Concello para que se dea solución a esta demanda de moitos lucenses que son usuarios desta zona.
Rubén Arroxo dixo que “co bo tempo vaise incrementar o número de usuarios destes espazos de lecer e débense poñer a punto as infraestruturas que se estragaron”. “Hai pontes que levan moito tempo desmotadas e que deixaron camiños incomunicados, noutros casos trátase de arranxos máis simples” informou o edil nacionalista. Para o BNG “o mantemento e coidado dos camiños e do seu entorno é fundamental para que poidan se usados e disfrutados polas persoas que a eles se achegan”.