OS EDILES NACIONALISTAS COMPROBARON EN PERSOA A DIFICULTADE QUE SUPÓN CRUZAR A AV. REPÚBLICA ARXENTINA DENDE O PALACIO DE DEPORTES ATA A RÚA SANTIAGO

“Cruzar camiñando na intersección da Av. República Arxentina coa rúa Santiago é unha odisea”

IMG_2340

O BNG-AA pedirá que se adopte unha solución para conectar os pasos de peóns coas beirarrúas de xeito “accesible” e que se inclúa no plan EDUSI unha pasarela para unir as costas do parque de Rosalía co parque de Marcos Cela

“Cruzar camiñando na intersección da Av. República Arxentina coa rúa Santiago é unha odisea”

Lugo, 21 de febreiro de 2017. Varias persoas puxéronse en contacto co voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, para reclamar unha solución para o tránsito de persoas na confluencia da ronda do Carme coa Av. República Arxentina e coa rúa Santiago. “Parece que sodes os únicos que vos preocupades polas persoas que camiñamos” dixo unha das veciñas que lle trasladou a súa indignación ao voceiro do BNG-AA pola dificultade que lle supón chegar dende a beirarrúa da Av. República Arxentina ao paso de cebra da rúa Santiago.

Rubén Arroxo sinalou que “hai que dar unha solución a curto plazo para facilitar o paso, pero o BNG-AA tamén propón unha solución máis a longo prazo para que, con parte dos fondos EDUSI, se conecten as costas do parque de Rosalía de Castro con parque de Marcos Cela a través dunha pasarela”. Para o BNG-AA trátase de “unir dúas zonas verdes da cidade e dar unha solución á conexión da cidade co río”.

A pesares de que están ben sinalizados, en canto a sinalización horizontal, vertical e tamén semafórica, os pasos de peóns desta intersección convértense nun auténtico labirinto pola falta de conexión entre eles e coas beirarrúas. O paso de peóns que permite o cruce da Av. da República Arxentina vese interrompido pola mediana que non ten solución para que as persoas transiten coa debida seguridade.

Dende o BNG-AA solicitaraselle ao goberno municipal que tome as medidas precisas para garantir un tránsito como e seguro para as persoas nesta zona. “Cruzar camiñando na intersección da Av. República Arxentina coa rúa Santiago é unha odisea” dixo Arroxo que se achegou a este punto para comprobar en persoa a dificultade que supón cruzar a Av. República Arxentina dende o Palacio de Deportes ata a rúa Santiago.

“Cruzar camiñando na intersección da Av. República Arxentina coa rúa Santiago é unha odisea”