O BNG reitera a creación dunha sala específica de violencia de xénero en Lugo
O Bloque considera favorábel os acordos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero que velan pola especialización do persoal e extender as competencias no territorio
Elvira Lombao, responsábel da comisión de acción feminista do BNG “son pasos que avanzan para que en Lugo contemos cun servizo especializado“
Lugo, 25 de xaneiro de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego valora de forma favorábel os acordos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, o cal está presidido polo Consello Xeral do Poder Xudicial, de establecer máis especialización do persoal e extender a competencia territorial dos xulgados de violencia á muller.
Son pasos que avalan a petición do BNG, a cal leva defendendo durante anos a creación dun xulgado especifico de violencia de xénero en Lugo, no que se estableza un sistema comarcalizado e con persoal experto na materia.
Estas condicións facilitarían o traballo xudicial para frear a violencia machista, no que se avanzaría na formación de xuíces, fiscais e corpos de seguridade, como tamén, do persoal de traballo social, da avogacía, entre outras partes do eido xudicial.
Elvira Lombao, responsábel da comisión de acción feminista do BNG declarou “son pasos que avanzan para que en Lugo contemos cun servizo especializado, levamos demasiado tempo esperando esta sala para loitar contra a lacra machista na sociedade”
Neste senso, Lombao destacou “ás vítimas teñen que contar co persoal edecuado e con oficinas de atención, por isto tanto o Goberno do Estado como a Xunta deberían pórse a traballar para coordinarse e aplicar medidas canto antes para avanzar coa creación deste xulgado específico en Lugo”