A FESTA DA PATRÍA ENMARCASE NUNHA SERIE DE ACTOS PREVIOS Á CELEBRACIÓN DO 25 DE XULLO QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER EN TODAS AS COMARCAS DO PAÍS

O BNG reuniu nun xantar a máis dun cento de persoas para celebrar a Festa da Patria

O xantar enmarcouse nos actos ao Día da Patria, que este ano se celebra baixo o lema Galiza, un novo impulso

O BNG reuniu nun xantar a máis dun cento de persoas para celebrar a Festa da Patria

 

Castroverde, 14 de xullo 2019.  O BNG reuniu a máis dun cento de militantes e simpatizantes en Castroverde para celebrar un xanta e un acto político previo á celebración do Día da Patria o 25 de xullo. A partir das 13:30 iniciáronse os actos da Festa da Patria que  comezou cun acto político no que interviron a Parlamentaria por Lugo, Olalla Rodil, o Parlamentario pola Coruña, Xosé Luis Rivas (Mini), a voceira do BNG en Castroverde, Iria Castro, e a Deputada Provincial, Maite Ferreiro. Despois do acto político celebrouse un xantar que reuniu a máis de un cento de persoas e durante a tarde houbo música tradicional e xogos para os máis cativos.

 

Na súa intervención, a Parlamentaria Olalla Rodil animou a todas as galegas e galegos a participar nos actos do Día da Patria, que este ano se celebra baixo o lema Galiza, un novo impulso . Rodil sinalou que “o BNG quere simbolizar, na festa do 25 de xullo, a aposta por un novo país, inclusivo e beneficioso para todos e todas” e engadiu “Creemos que é o momento desde o nacionalismo de propoñer un novo proxecto de país inclusivo e beneficioso para as grandes maiorías, para os que son nacionalistas e para os que non, para o conxunto da sociedade”.

 

Rodil afirmou “o 25 de Xullo é a festa de todos os galegos e galegas, nesta nación que compartimos e esta idea está presente no traballo político do Bloque, plasmado nas nosas propostas de país formuladas con altura de miras para concitar consensos”. Xunto con esta mensaxe de inclusión, Olalla Rodil fixo fincapé en que “o BNG ten como gran obxectivo converter a celebración do Día da Patria nunha gran mobilización social que una aos galegos e as galegas en contra da discriminación e do agravio que padece o país e en defensa dos nosos intereses”.

O BNG reuniu nun xantar a máis dun cento de persoas para celebrar a Festa da Patria