O BNG rexeita o malgasto do goberno municipal na construción da nova casa do Concello

Sabela Pérez, concelleira do BNG en Becerreá “Becerreá precisa inversións neste momento noutros intereses, como por exemplo a promoción do polígono industrial ou impulso de servizos que fagan a vida máis doada á veciñanza

O BNG impulsou diferentes medidas centradas en necesidades actuais do concello

O BNG rexeita o malgasto do goberno municipal na construción da nova casa do Concello

Becerreá, 28 de febreiro de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Becerreá rexeita a promoción do goberno municipal para construír unha nova casa do Concello.

A portavoz municipal e concelleira do BNG en Becerreá, Sabela Pérez, explicou “Becerreá precisa inversións neste momento noutros intereses, como por exemplo a promoción do polígono industrial ou impulso de servizos que fagan a vida máis doada á veciñanza; construír unha nova casa consistorial e unha praza co contexto en crise, non é o máis axeitado”

Neste senso, Sabela Pérez destacou que o BNG xa subliñou a innecesidade neste momento desta nova instalación no pleno municipal “o BNG xa trasladou en varias ocasións ao goberno municipal a que adicase ese orzamento, arredor de 3 millóns de euros, no impulso de políticas a favor de servizos para a veciñanza, o que si que axudaría por exemplo a frear o despoboamento”

A concelleira subliñou algunhas das medidas que propón o BNG ”incentivamos con ese orzamento dotar partidas para potenciar o noso turismo, atraer empresas formulando unha liña de axudas para instalarse no polígono industrial, pór en funcionamento a residencia da terceira idade contando coa especialidade de xeriatría, solucionar problemas estruturais nas aldeas, entre outras” dixo Sabela Pérez.

Becerreá non pode asumir neste momento de incertidume económica dilapidar esa cantidade de diñeiro público por proxecto unicamente persoal, ten que apostar por afondar nos servizos públicos e mellorar a calidade de vida” concluíu a concelleira do BNG.

O BNG rexeita o malgasto do goberno municipal na construción da nova casa do Concello