O Goberno de Lugo renova a mediana de Fontiñas no cruce co Carril dos Indios

Rubén Arroxo: “demos continuidade á mediana peonil creando tamén novas prazas de estacionamento e aumentando as zonas verdes”

A solución mellora a accesibilidade global da zona, ao mesmo tempo que deu unha estética uniforme á rúa

O Goberno de Lugo renova a mediana de Fontiñas no cruce co Carril dos Indios

Lugo, 27 de febreiro de 2023. Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, visitou a ronda das Fontiñas, onde a Tenencia de Alcaldía vén de renovar a mediana situada á altura do cruce desta rúa co Carril dos Indios. Arroxo explicou que “este cruce anulouse de xeito temporal cando comezou a construcción da rotonda de San Eufrasio, e agora demos unha solución definitiva a este tramo”.

Os traballos executados o Goberno de Lugo deron continuidade á actual mediana de Fontiñas, ampliando o treito peonil e as zonas verdes. Ademais, habilitáronse novas prazas de estacionamento. Arroxo explicou que “o conxunto da contorna mellora a accesibilidade e todo o treito contará cunha estética uniforme”.

Arroxo destacou aredución de accidentes na confluencia de Fontiñas con San Eufrasio grazas á construción e iluminación da nova rotonda "esta infraestrutura sen dúbida axiliza o tráfico e fai que en Fontiñas se reduzan os atascos". Os accidentes reducironse case ao 100% na confluencia de Fontiñas con San Eufrasio dende a construcción da rotonda.

 

O Goberno de Lugo renova a mediana de Fontiñas no cruce co Carril dos Indios