“O GOBERNO DEBERÍA POÑER MÁIS ATENCIÓN NO COIDADO DESTES PROXECTOS QUE CARACTER MEDIOAMBIENTAL QUE PRETENDEN SER REFERENTES“ AFIRMOU ARROXO
O BNG sinala os plásticos acumulados no entorno do espazo do proxecto Lugo+Biodinámico
Os plásticos esténdense carón da plantación de árbores que rodea o polígono das Gándaras e que forma parte dun proxecto europeo ambiental
Lugo, 2 de outubro de 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, lamentou a falta de coidado e limpeza no parque empresarial das Gándaras, concretamente no entorno da plantación de árbores do proxecto Lugo+Biodinámico. Á falta de atención ao mobiliario urbano da zona, súmase agora a acumulación de plásticos na zona “a imaxe é bastante lamentable cando se está lexislando para reducir a cantidade de plásticos que se reparten nos establecementos”.
Arroxo sinalou os plásticos acumulados no entorno do espazo do proxecto Lugo+Biodinámico e dixo que “cando se fai a roza nos terreos debería facerse unha recollida de plásticos e lixo que quedaron esparcidos nas inmediacións da plantación de árbores frondosas do proxecto Lugo+Biodinámico”. “O Goberno debería poñer máis atención no coidado destes proxectos que caracter medioambiental que pretenden ser referentes“ afirmou Arroxo.
A acumulación de plásticos dase no entorno das plantacións das dúas parcelas de 5 hectáreas de superficie no entorno dos polígono das Gándaras. Estas plantacións, con máis de 13.000 exemplares de frondosas, foi financiado con fondos europeos Life. O Concello de Lugo participa na execución deste programa, no que participan como socios a Deputación, a USC e a Universidade Politécnica de Madrid.