O BNG suxire no Congreso a variante ferroviaria para supresión do paso a nivel da vila de Parga

Néstor Rego no paso a nivel de Parga
Néstor Rego no paso a nivel de Parga

A iniciativa forma parte das emendas do BNG aos orzamentos do Estado para o 2023

Xosé Lois González, concelleiro do BNG en Guitiriz ”É preciso xa unha dotación para pór en marcha este proxecto”

O BNG suxire no Congreso a variante ferroviaria para supresión do paso a nivel da vila de Parga

Guitiriz, 11 de novembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego da man do seu deputado no Congreso, Néstor Rego, impulsará a posta en marcha do proxecto da variante ferroviaria que poña fin a divisón da vila de Parga por mor do paso a nivel.

Esta iniciativa preséntase a través das emendas do BNG aos orzamentos do Estado para o 2023.

A medida do BNG recolle as demandas da plataforma veciñal Parga non se divide, a que xa presentara unha alternativa ferroviaria cun proxecto técnico viábel, no que se propón un novo trazado desde a Ponte da Retorta até Recemil.

O concelleiro do BNG en Guitiriz, Xosé Lois González Souto “Pereira” sinalou “o BNG segue a traballar para pór fin á división de Parga; xa promovemos en varias ocasións con iniciativas que o Ministerio tivera en conta as inquedanzas da veciñanza, mais é preciso xa unha dotación para pór en marcha este proxecto”

Pereira” lembrou que este proxecto acompaña a iniciativa do BNG para a modernización da liña ferroviaria Lugo-A Coruña “a electrificación da liña tamén supón a oportunidade de pór en marcha a fin da división de Parga, no que tamén fortalecemos a mobilidade sostible polo interior e a conexión co eixo atlántico”

 

O BNG suxire no Congreso a variante ferroviaria para supresión do paso a nivel da vila de Parga