O BNG ve indignante que o único plan da alcaldesa contra a praga da velutina sexa “pedirlle axuda a San Roque”

IMG_5967
IMG_5967
O BNG ve indignante que o único plan da alcaldesa contra a praga da velutina sexa “pedirlle axuda a San Roque”

Lugo, 17 de agosto 2018. O BNG considera indignante que en pleno ano 2018 unha alcaldesa do PSOE lle teña que pedir a San Roque axuda para frear a praga da vespa velutina “durante 2 anos dende o BNG levamos este asunto a pleno, a comisións, fixemos diferentes propostas, e pouco foi atendido, agora vemos un esperpento que o único plan real da alcaldesa de Lugo sexa rezarlle a un santo” afirmou Rubén Arroxo, quen por outra banda consideraba “grave” que no día de hoxe Lugo estivese no mapa polas ridículas declaracións da máxima responsable municipal.

 

O BNG vén denunciando dende hai tempo a inexistente xestión da Xunta nesta praga, tendo en conta que non atendeu ás opinións de espertos que falaban de levar adiante un trampeo primaveral para a captura de raíñas, dado que cada raíña capturada e un novo avispeiro menos. Por ese motivo o grupo nacionalista tamén solicitou ao goberno municipal que o Concello levase adiante un plan propio de trampeo primaveral, tal e como fixo o concello de Carballo, gobernado polos nacionalistas, que lograron capturar 2.000 raíñas, o que evitou a creación de 2.000 novos avispeiros neste verán. “Malia a todo nin dende o Concello, nin dende a Xunta se segue a tomar este problema en serio, con serias consecuencias medioambientais e persoais, e o único que fan é burla ou soltar cuestións absurdas” afirmaba o portavoz do BNG á vez que advertía “Estamos dispostos a ensinarlle á alcaldesa a facer unhas trampas para cazalas, e comprobará que capturan máis así que rezándolle ao santo”

 

O voceiro nacionalista sinalou que “a competencia é da Xunta de Galiza pero o concello debe ter previsto un plan de actuación para poder afrontar os problemas derivados da presenza deste insecto no noso concello”. A iniciativa do BNG-AA tamén servirá para instar á Xunta de Galiza a que poña os medios necesarios para tratar de frear a invasión da coñecida como avespa asiatica en todo o país. “Non hai que inventar nada novo, trátase de aplicar protocolos eficaces como o de Euskadi que está a dar un bo resultado” afirmou Arroxo.

 

Arroxo lembrou que o pleno do concello aprobou unha iniciativa do BNG no ano 2016 para que se adoptasen as medidas precisas para o control da Velutina no termo municipal e que en xullo deste ano tamén se aprobou unha moción de urxencia presentada polo seu grupo. desta especie invasora”.

O BNG ve indignante que o único plan da alcaldesa contra a praga da velutina sexa “pedirlle axuda a San Roque”