O BNG en Vilalba impulsa a creación dun servizo de normalización lingüística
O Concello de Vilalba carece deste servizo para garantir os dereitos linguisticos, os que agora se ven vulnerados en relación co Concello
Mónica García, responsábel local do BNG “existe un total deslexio polo goberno municipal ante a nosa lingua, ao non existir este servizo e unha ordenanza para afianzar os dereitos linguísticos”
Vilalba, 14 de xullo 2022.- O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba presentou unha proposta ante o Concello de Vilalba para pór en marcha un servizo de normalización lingüística. Vilalba carece deste servizo municipal o que é básico para estimular e ofrecer un soporte técnico á extensión do uso da lingua galega.
Na actualidade, moitas das comunicacións oficiais do Concello só se emiten en castelán, exercendo unha discriminación directa á veciñanza a seren atendidos en galego. Ao que tamén, supón o incumprimento da Lei de Normalización Lingüística.
A responsábel local do BNG en Vilalba, Mónica García, declarou “existe un total deslexio polo goberno municipal ante a nosa lingua, ao non existir este servizo e unha ordenanza para afianzar os dereitos linguísticos”
Neste senso, Mónica García fixo fincapé no papel do servizo de normalización “cómpre pór en marcha este servizo para poder traballar socialmente a prol da nosa lingua, e así, gañar máis falantes e afortalar o noso idioma”