“O MINISTRO DE FOMENTO DEBERÍA APROVEITAR A SÚA VISITA PARA COMPROBAR DE PRIMEIRA MAN O DESASTROSO ESTADO NO QUE MANTÉN AS ESTRADAS DE TITULARIDADE ESTATAL POR TODA A PROVINCIA, DESDE A MARIÑA A PANTÓN” AFIRMOU OLALLA RODIL

Para o BNG “A visita do ministro de Fomento para poñer "outra vez" a primeira pedra da A54 é unha tomadura de pelo máis”

Olalla Rodil. Parlamento2

A A-54 carrexa  máis de dúas décadas de promesas incumpridas e propaganda, pero o agravio do Goberno español con Lugo non remata aí

Para o BNG “A visita do ministro de Fomento para poñer "outra vez" a primeira pedra da A54 é unha tomadura de pelo máis”

Lugo, 20 de marzo 2018. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, denunciou “o enésimo acto de primeira pedra do Goberno español na A-54” e afirmou “ esto non fai máis que constatar os incumprimentos e retrasos que acumula o estado nesta infraestrutura. “Transcorreron vinte e seis anos desde que se anunciou a súa construcción e aínda non está rematada nin se prevé a súa finalización até 2022” dixo Rodil.

“O agravio do Goberno español con Lugo non remata na A-54” afirmou a parlamentaria do BNG e convidou ao Ministro de Fomento a “aproveitar a súa visita para comprobar de primeira man a realidade que viven milleiros de persoas que viaxan cada día pola A-6; a N-540 por Chantada; a N-VI; a N-120 entre Pantón e Ferreira de Ramuín; a N-634 en Mondoñedo ou a N-642 entre San Cibrao e Barreiros”. Todas estas estradas polas que transcorren cada día milleiros de persoas e que nalgúns casos, como o da N-120, constitúen algúns dos viais máis perigosos do Estado español. Desde o BNG denuncian o mal estado no que se atopan as estradas de titularidade estatal por toda a provincia de Lugo e convidan ao Ministro de Fomento.

“O desleixo do Goberno e do Ministerio de Fomento con Lugo non se resolve con actos propagandísticos senón con compromisos orzamentarios e actuacións reais que garantan o correcto mantemento dos viais” dixo Rodil e argumentou “E todo isto está a acontecer coa connivencia dunha Xunta de Galiza e do presidente Feijóo, máis pendente de quedar ben co seu partido en Madrid que de defender os intereses de Galiza fronte ao Estado”.

Para o BNG “é absolutamente inadmisíbel que a veciñanza das comarcas de Lugo, de todas elas, teña que padecer as gravísimas consecuencias desta falta de investimentos e non se entende por que o orzamento do Estado remata xusto na fronteira galega”. Rodil sinalou, tamén, “sirvan de exemplo as actuacións levadas a cabo polo Ministerio de Fomento na mellora do firme da A-6 na que se investiron 2,7 millóns de euros entre 2015 e 2017 entre Pedrafita e Vilafranca mais non máis alá, malia que as fochancas son unha constante ao longo de todo o  trazado da autovía por Lugo”.

Desde o BNG esiximos o dereito da veciñanza luguesa a contar cunhas infraestruturas en correctas condicións, que vertebren o territorio e garantan a seguridade na condución. “É unha tomadura de pelo que veñan pór outra pedra a unha infraestrutura que prevén rematar 30 anos despois de comezala ao mesmo tempo que incumpren coas súas obrigas no mantemento das demais estradas de titularidade estatal” concluíu Olalla Rodil.

Para o BNG “A visita do ministro de Fomento para poñer "outra vez" a primeira pedra da A54 é unha tomadura de pelo máis”