PARA O BNG-AA “TRÁTASE DE DOTARNOS DE FERRAMENTAS LEGAIS PARA EVITAR A PRESENZA DE NOVOS CIRCOS CON ANIMAIS OU ESPECTÁCULOS DE TORTURA COMO O ANUNCIADO NO PÁRAMO”
O BNG-AA levará ao pleno unha iniciativa para crear unha ordenanza que regule os espectáculos con animais
Arroxo lembrou que en setembro non se puido evitar a presenza dun circo con animais “por estar amparado por unha lei da Xunta e carecer o concello de normativa propia”
Rubén Arroxo advertiu que se anuncia a chegada Lugo dun novo circo que “noutras localidades traballou con animais e algúns lugares tivo problemas coas normativas locais para poder utilizar os números de animais salvaxes”. Arroxo anunciu que na iniciativa tamén se reclamará que a Xunta estableza unha normativa clara a este respecto xa que “neste momento os circos que se instalan en terreos privados están amparados pola lei de emprendemento dicatada polo PP dende o goberno da Xunta”.
Para o BNG-AA “trátase de dotarnos de ferramentas legais para evitar a presenza de novos circos con animais ou espectáculos de tortura como o anunciado no Páramo”. O voceiro, Rubén Arroxo, recoñeceu que “é certo que a polémica dos touros non chegou a Lugo pero aínda así debemos de crear unha norma que nos permita evitar este tipo de espectáculos e as polémicas e enfrontamentos que provocan”.
Rubén Arroxo lembrou que “o BNG presentou, en febreiro de 2014, unha moción ao pleno municipal que foi aprobada” e engadiu que “agora temos que dotarnos da normativa legal necesaria para que os termos dalquel acordo aprobado no pleno da corporación sexa efectivo”. Arroxo afirmou que “no caso do concello de Lugo vemos como os defensores dos animais desenvolveron unha intensísima campaña para que circos con animais non se poidan instalar no termo municipal”. Arroxo sinalou que “de non ser pola presión dos colectivos animalistas e do BNG non se faría nada para evitar o uso de animais como reclamo do espectáculo circense que chegaron a Lugo”.