O BNG-AA TRASLADARÁ UNHA SERIE DE PROPOSTAS PARA MELLORAR O FUNCIONAMENTO DOS BUSES URBÁNS E CREAR LIÑAS QUE DEAN UN SERVIZO REAL AS VECIÑAS E VECIÑOS

O BNG-AA propón crear unha aplicación informática e unha APP para calcular os tempos e percorridos nos buses

“Unha cuestión fundamental será crear liñas que enlacen a rede de aparcadoiros disuasorios co centro da cidade” apuntou Rubén Arroxo

O BNG-AA propón crear unha aplicación informática e unha APP para calcular os tempos e percorridos nos buses
Lugo, 1 de marzo 2016. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo anunciou a presentación dunha serie de propostas para a mellora do servizo de transporte de pasaxeiros no concello de Lugo. Arroxo lembrou que non se fixo público o plan de reforma do servizo que a empresa tiña que ter feito neste primeiro ano dende que se fixo a adxudicación do contrato en febreiro de 2016. Entre as propostas do BNG-AA figura a creación dunha aplicación informática e unha APP para calcular os tempos e percorridos nos buses, Arroxo explicou que se trataría de “poder coñecer cales son os percorridos, con transbordos incluídos, para chegar do xeito máis rápido a diferentes puntos da cidade”.

O voceiro do BNG-AA afirmou que “hai varias cuestións clave para un bo funcionamento do transporte urbano de pasaxeiros como a gratuidade dos transbordos entre as diferentes liñas ou o bo funcionamento dos paneis informativos”. Arroxo tamén sinalou a necesidade de crear unha liña rotatoría na ronda da Muralla “para a que debería utilizarse un autobús eléctrico e que serviría de conexión entre as diferentes liñas de buses que levan aos diferentes barrios da cidade” e puntualizou “esta liña de autobús da ronda integraríase no proceso de peonalización da cidade”.

Rubén Arroxo apostou por mellorar a rede de liñas que comunican os diferentes barrios da cidade e por deseñar unha liña que percorra a cidade no eixo norte-sur, dende Garabolos ata o Campus Universitario, e que teña unha frecuencia de paso de 15 minutos. “Para recuperar usuarios para transorte urbano temos que ter autobuses útiles” dixo Arroxo que tamén apostou por crear un liña rotatoria que circule polas rúas que conforman a segunda ronda da cidade con unha frecuencia de 30 minutos.

A xunta de goberno local de Lugo adxudicou en febreiro de 2016 o contrato de explotación por 10 anos do servizo de transporte urbano de Lugo e con opción de cinco anos máis. Naquel momento a empresa lucense presentara a mellor das ofertas económicas por kilómetro recorrido, 2,10 euros frente a 2,16 que ofrecía a empresa catalana Marfina. No propio contrato de adxudicación explicitábase que a empresa adxudicataria tiña un prazo de un ano para presentar un plan de reforma do servizo.

Conexión cos aparcadoiros disuasorios

Outras das propostas lanzadas dende o BNG-AA para o novo servizo de autobuses urbanos municipais é a de conectar, a través de liñas de autobús, os aparcadoiros disuasorios co centro da cidade. “Temos que pensar nunha rede de aparcadoiros disuasorios que estén interconectados entre si e co resto da cidade a través de liñas de autobuses” dixo Arroxo e explicou que “está claro que cun sistema de transbordos gratuítos este sistema intermodal de transporte é fácil de poñer en marcha”.

O BNG-AA propón crear unha aplicación informática e unha APP para calcular os tempos e percorridos nos buses