“ESTE TIPO DE CONTRATACIÓNS TIRA POR TERRA TODA A PROPAGANDA DA ALCALDESA SOBRE A PREOCUPACIÓN DO PSOE POLA IMPLANTACIÓN DE CLÁUSULAS SOCIAIS” DIXO MAITE FERREIRO

O BNG-AA ve “perigo” para os dereitos laborais no contrato de atención ao edificio do cárcere

IMG_0850

Con menos de 18.000 € a adxudicataria terá que contratar persoal para ter a tres persoas todos os días da semana durante un mínimo de 44 horas semanais no edificio durante máis de 5 meses

O BNG-AA ve “perigo” para os dereitos laborais no contrato de atención ao edificio do cárcere

Lugo, 16 de marzo 2016. A edil do BNG-AAno concello de Lugo, Maite Ferreiro,  lamentou a política de contratos do goberno municipal despois de coñecer o prego que rexe para a contratación de persoal para a apertura e atención do centro social e cultural do vello cárcere. Ferreiro anunciou que o BNG-AA presentará unha serie de preguntas para que sexan respondidas na Comisión de Cultura e relación ao criterio para o convite de empresas a participar neste contrato negociado e sobre a garantía dos dereitos laborais e salariais das persoas que entren a traballar nesta instalación municipal.

A primeira incongruencia sinalada pola edil do BNG-AA é diferenza de duración contrato que aparece entre o título do documento e a clausula que define o obxecto do contrato. Así no título figura que o contrato será entre o 20 de marzo ao 5 de novembro e no obxecto do contrato figura entre o 27 de marzo e o 31 de agosto de 2017. “Unhas datas entran en contradición coas outras e esto podería apuntar cara unha intencionalidade de división do contrato para evitar ter que facer un procedemento aberto e non negociado” dixo Maite Ferreiro.

A edil nacionalista criticou que non se faga un contrato aberto á participación e se opte por un contrato negociado a través de invitación a determinadas empresas “non entendemos por que non se fai unha convocatoria pública deste contrato para que todas as empresas que o desexen poidan presentar as súas ofertas”. “Onte, 15 de marzo, pechouse o prazo para que as empresas convidadas presentaran as súas ofertas e neste momento descoñecemos que empresas foron invitadas e cal foi o criterio para seleccionar a esas empresas” dixo Maite Ferreiro.

O contrato pretende unha contratación dun total de 3 persoas para atender o centro do antigo cárcere e sinálase un importe máximo de 18.000 € (ive excluido) para satisfacer os salarios, gastos de contratación de 3 persoas que traballarán un total de 44 horas semanais durante máis de 5 meses e, ademais, outros gastos da empresa e o beneficio empresarial. “Entendemos que as propias esixencias do contrato entran en contradición coa cantidade adxudicada por que van a conducir a unha vulneración dos dereitos laborais e salariais das persoas que traballen no edifico do antigo cárcere”. “Este tipo de contratacións tira por terra toda a propaganda da alcaldesa sobre a preocupación do PSOE pola implantación de cláusulas sociais” dixo Maite Ferreiro.

No texto do convite contemplase como falta grave o feito de incumprir as normas laborais ou convenio colectivo do persoal a empregar e que serán sancionadas cunha multa de 901 a 1.803 €. Para o BNG-AA “resulta lamentable que un goberno chamado socialista e obreiro cuantifique entre 901 a 1.803 € a conculcación dos dereitos salariais das persoas”.

O BNG-AA ve “perigo” para os dereitos laborais no contrato de atención ao edificio do cárcere