DURANTE O PROCESO DE DESESCALADA, O PAGO REALIZARASE PREFERENTEMENTE COA TARXETA CIDADÁ PARA REDUCIR O RISCO DE CONTAXIO

O bus urbano deixará de ser gratuito a partir do luns 25

Rubén Arroxo: “coa tarxeta cidadá o prezo do billete pasa de 0,64€ a 0,45€”

O bus urbano deixará de ser gratuito a partir do luns 25

Lugo, 25 de maio de 2020. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo informou que, a partir do vindeiro luns, eliminarase a gratuidade do bus urbano que se puxera en marcha coa crise sanitaria do COVID-19. “Trátase dunha medida posta en marcha co inicio da crise sanitaria e que, co inicio da volta á normalidade vemos preciso eliminar”, afirmou Rubén Arroxo. O Tenente de Alcalde declarou que “para reducir o contacto entre persoal e usuarios e usuarias do bus, colocáronse mamparas de protección”.

“Durante o proceso de desescalada, pedimos á veciñanza que realice o pago utilizando a Tarxeta Cidadá” declarou Rubén Arroxo, que explicou, “coa Tarxeta Cidadá reducimos o contacto entre persoal e usuarios e usuarias do transporte público, o que na práctica se traduce en reducir os riscos de contaxio”. Ademais, o Tenente de Alcalde lembrou que “o prezo do billete redúcese de 0,64€ a 0,45€, ou 0,19€ no caso dos transbordos”. “Estes prezos poden reducirse aínda máis no caso de ter dereito a algunha bonificación, no caso de estudantes, desempregados, persoas con mobilidade reducida e pensionistas”, declarou Rubén Arroxo.

Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario 101 na web do Concello e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.

O bus urbano deixará de ser gratuito a partir do luns 25