CRISTINA LÓPEZ: “TRÁTASE DUNHA ACTUACIÓN MOI DEMANDADA POLA VECIÑANZA DE LUGO”

A área de Participación moderniza o sistema de evacuación de augas pluviais do Cemiterio Municipal

Cristina López: “trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza de Lugo”

A área de Participación moderniza o sistema de evacuación de augas pluviais do Cemiterio Municipal

Lugo, 24 de maio de 2020. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou que se reactivou a tramitación da modernización do sistema de evacuación de augas pluviais no cemiterio municipal. Segundo indicou Cristina López, “co inicio da desescalada podemos retomar unha actuación que se tivo que paralizar co inicio da crise sanitaria”.

A actuación saíu a licitación cun orzamento de 24.768,96€ e un prazo de realización dun mes. Realizarase a rehabilitación e reconstrución de cunetas, canles e salvacunetas de formigón, xunto co nivelado, alisado e remate con pavimento e a conexión coas redes de evacuación existentes.

“Trátase dunha actuación moi demandada nos últimos tempos pola veciñanza de Lugo”, informou Cristina López, que engadiu “desde a área de Participación traballamos para que Lugo conte cun Cemiterio Municipal público e de referencia”.

A área de Participación moderniza o sistema de evacuación de augas pluviais do Cemiterio Municipal