"A candidata do PP debería posicionarse respecto ao trazado da ronda da leste" dixo Rubén Arroxo

O BNG levará ao vindeiro pleno do Concello unha moción para que se revise o trazado desta infraestrutura

"Unha forza política que aspira a gobernar debería tomar posicionameto a través da súa candidata e ter un proxecto claro para esta cidade" lembrou Arroxo

"A candidata do PP debería posicionarse respecto ao trazado da ronda da leste" dixo Rubén Arroxo

Lugo, 30 de xaneiro de 2023. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que "a candidata do PP debería posicionarse respeto ao trazado da rolda leste" e engadiu "unha infraestrutura non pode acabar coas carballeiras do río Rato que forman un dos máis importantes pulmóns verdes da cidade". O BNG levará ao vindeiro pleno do concello unha moción para que se revise o trazado da ronda Leste. O trazado actual que presentou a Xunta foi cuestionado por diversos colectivos e asociacións xa que non ten en conta a repercusión sobre o paseo do Rato. O Tenente Alcalde cuestionou o "esforzo económico" que supón executar esta infraestrutura "para aforrar 3 minutos nun suposto percorrido ata o HULA".

 

"Estamos mantendo xuntanzas con diversos colectivos que nos expresan a súa preocupación" manifestou o voceiro do BNG e engadiu "o debate está aberto e temos claro que a necesidade deste vial é moi relativa". A ronda leste afectará aproximadamente a 1 km de carballeiras no entorno do río Rato e por tanto afectará dunha forma severa á periferia da cidade de Lugo. "En Lugo debería saberse se a candidata do PP, que está desaparecida deste debate, aposta por defender o parque do Rato ou por crear outro garañon sobre unha das zonas máis sensibles da cidade" dixo Rubén Arroxo.

 

A Xunta pretende a construción deste vial con 2,8 km entre a LU-530 e a N-VI. Tratase de dúas calzadas de dous carrís, con mediana de separación entre eles, e importantes estruturas na execución do seu percorrido que afectarán as carballeiras do río Rato e tamén á parroquia de Bosende. Pretendese pechar un cinto de circunvalación de Lugo que, en moitos casos, duplicará os actuais  accesos cara ao hospital Lucus Augusti. O obxectivo é aprobar na primavera de 2023 o expediente de información pública e o proxecto de trazado, convocar no outono os actos expropiatorios, e ao tempo traballar no proxecto de construción para, finalmente, proceder á licitación das obras da Rolda Leste.

"A candidata do PP debería posicionarse respecto ao trazado da ronda da leste" dixo Rubén Arroxo