A I Festa da Filloa e un Campionato de Futbolín protagonizará o mes de febreiro no entorno da praza de Abastos e do Mercado de Lugo

A concelleira nacionalista presentou as actividades a relaizar pola concellería de Participación no primeiro semestre deste ano

"Todos os sábados haberá obradoiros no Mercado Municipal para achegar as crianzas ao comercio de proximidade" sinalou Cristina López

A I Festa da Filloa e un Campionato de Futbolín protagonizará o mes de febreiro no entorno da praza de Abastos e do Mercado de Lugo

Lugo, 29 de xaneiro de 2023. A Concelleira de Participación, Cristina López, anunciou as actividades que se levarán a cabo no entorno da praza de Abastos e do Mercado no primeiro semestre deste ano. "Unha vez o mes, sempre cadrando en sábado,  disfrutaremos dos concertos de Claustro Mudical no Mercado Municipal" explicou Cristina López que ademais deu conta da celebración de obradoiros para as crianzas "neste mesmo espazo as crianzas poden disfrutar de obradoiros de 11a 14 horas de reciclaxe e cociña todos os sábados"

"No mes de febreiro o dia 11 celebraremos a I Festa da Filloa en Lugo,  na proximidade das festas do entroido" deu conta a concelleira. A I Festa da Filloa consistirá no reparto gratuito de fillos na rúa Quiroga Balleteros. "Faremos as filloas nese mesmo lugar grazas a unha grande máquina que permite abastecer de filloas a todas as persoas que se acheguen" afirmou Cristina López que engadiu "queremos poñer en valo a rúa Quiroga Ballestero e os dou edificios municipales que están alí: o Mercado Municipal e a praza de Abastos".
 
Cristina López ademais informou "tamén na fin de semana do 11 e 12 de febreiro no soto da praza de abastos poderemos disfrutar do campionato escolar de axedrez,  os dias 18 e 19 de cebreiro celebrarase o II campionato de Futbolin Maestros do Norte". O dia 20 de febreiro tamén se fará unha celebración do Entroido no sotano da praza de abastos onde se poderán mercar os productos propios de estas datas. Ademais celebrarase o 8 de marzo homenaxeando  as mulleres que traballaron a reo tanto na praza de Abastros como no Mercado Tradicional.
A I Festa da Filloa e un Campionato de Futbolín protagonizará o mes de febreiro no entorno da praza de Abastos e do Mercado de Lugo