Néstor Rego achégase até Begonte para comprobar as repercusións dos asolagamentos

Manoli Castro, portavoz do BNG en Begonte, xunto con Néstor Rego

O deputado do BNG no Congreso mantivo un encontro coa veciñanza afectada, en concreto coa da zona de Riocaldo

O BNG impulsará diferentes iniciativas para que se melloren as canalizacións para evitar as inundacións como a creación dun fondo económico

Néstor Rego achégase até Begonte para comprobar as repercusións dos asolagamentos

Begonte, 28 de xaneiro de 2023.- O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, achegouse até ao concello de Begonte para comprobar de primeira man os danos producidos polos asolagamentos por mor do temporal Fien.

 

Nesta visita, mantivo un encontro coas persoas afectadas do lugar de Riocaldo, unha das zonas máis prexudicadas. Todas as vivendas desta zona atópanse afectadas e a súa veciñanza non tivo tempo a resgardar os seus bens, o que provocou a perda da maioría dos bens materiais.

 

A veciñanza trasladou ao deputado do BNG cunha das causas que a auga se encorara de xeito tan veloz e cun volume tan grande no lugar, foi pola falta de conservación e matemento das canalizacións da vía ferroviaria e das estradas que coinciden nesta zona, a N-VI e a A-6, as que teñen poucas zonas de evacuación ou atópanse as canalizacións con falta de reparacións ou falta de limpeza.

Encontro coa veciñanza de Riocaldo

Neste senso, Néstor Rego anunciou “desde o BNG impulsaremos no Congreso diferentes medidas para que se desenvolvan traballos de mellora e de mantemento para poder canalizar a auga de cara aos ríos e que non se encore a auga nesta zona, son medidas necesarias para que isto non se volva repetir”

 

Do mesmo modo, o deputado do BNG no Congreso destacou que o Goberno do Estado ten que aplicar medidas en conxunto coas administracións locais e galegas para habilitar liñas de axuda ás afectadas “moitas persoas perderonno todo, xa que non tiveron tempo a rescatar nada, por isto instaremos ao Goberno do Estado para que coopere co resto das administracións para que se cree un fondo económico para poder reparar os danos”

Néstor Rego achégase até Begonte para comprobar as repercusións dos asolagamentos