O Cemiterio Municipal acolle unha exposición sobre o dó perinatal
Cristina López e Rubén Arroxo acudiron á apertura desta mostra, que contou coa presenza das distintas asociacións colaboradoras
Cristina López. “trátase dunha das actividades organizadas dentro do 75 aniversario do Cemiterio Municipal”
Lugo, 24 de marzo de 2023. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, abriron no Cemiterio Municipal a exposición Arrolos ao Ar, unha mostra fotográfica sobre o dó perinatal. Cristina López explicou que “esta mostra visibiliza a dor das familias pola morte xestante, unha temática dura que debe ser visibilizada”.
A mostra está ubicada no novo espazo perinatal do Cemiterio Municipal, un espazo adicado ás persoas que perderon fillos durante a xestación ou ao pouco de nacer, que contan xa cun espazo específico no Cemiterio de Lugo, dando visibilidade a un tipo de dó moi presente na sociedade, mais que continúa a estar moi silenciado.
Esta mostra está enmarcada dentro das actividades polo 75 aniversario do Cemiterio Municipal, e a área de Participación contou coa colaboración de de diversas entidades e institucións. Cristina López convidou á veciñanza a visitar esta mostra e coñecer o Cemiterio de Lugo, un dos cemiterios máis bonitos do mundo.