Arroxo: “a Xunta de Galiza debe construír vivenda pública en Lugo, o PP desde que chegou á Xunta non investiu na cidade”

Arroxo lembrou que cando o BNG tivo responsabilidade en vivenda “o goberno galego realizou importantes investimentos no barrio do Castiñeiro”

Arroxo compartiu posición do BNG a respecto dos últimos anuncios da Xunta de Galiza, que é coincidente coa da veciñanza do barrio

Arroxo: “a Xunta de Galiza debe construír vivenda pública en Lugo, o PP desde que chegou á Xunta non investiu na cidade”

O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coas concelleiras e concelleiros do Grupo Municipal do BNG no Concello de Lugo, mantiveron una xuntanza coa veciñanza do Castiñeiro, onde mostraron a postura da fronte a respecto do proxecto da Xunta de Galiza para construír máis vivenda pública neste barrio. Arroxo criticou que “a Xunta de Galiza poña en marcha un novo proxecto de vivenda pública despois de 14 anos sen realizar investimentos nesta materia”.

 

Rubén Arroxo afirmou que “desde o BNG estamos a favor de que a Xunta de Galiza constrúa vivenda pública, mais o barrio do Castiñeiro xa está saturado, despois de realizarse importantes investimentos cando o BNG tivo a responsabilidade da área de vivenda no goberno de Galiza”. Arroxo reuniuse coas veciñas e veciños, entre os que estiveron presentes representantes de diversas asociacións do barrio na praza do Castiñeiro.

 

O Tenente Alcalde explicou ás veciñas e veciños do barrio que “está na man da Xunta de Galiza paralizar esta obra e buscar unha ubicación máis acaída para unha promoción de vivenda pública, do mesmo xeito que poden solicitar o cambio de uso do terreo para poder dotar de outros usos ao barrio”, e engadiu “é soprendente que o PP cree un problema no barrio e despois diga que é o concello quen ten que solucionalo”.

Arroxo: “a Xunta de Galiza debe construír vivenda pública en Lugo, o PP desde que chegou á Xunta non investiu na cidade”