Comeza a renovación do asfalto do aparcadoiro exterior do Cemiteiro Municipal

Rubén Arroxo: “seguimos a traballar para consolidar o Cemiterio de Lugo como un referente dos cemiterios patrimoniais”

O Goberno de Lugo inviste 71.722€ nesta actuación, que ten un prazo de execución de 21 días

Comeza a renovación do asfalto do aparcadoiro exterior do Cemiteiro Municipal

Lugo, 18 de maio de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron o Cemiterio Municipal, onde veñen de comezar os traballos de renovación do asfaltado do aparcadoiro exterior desta instalación municipal. “Trátase dos viais que unen o cemiterio coa estrada de Esperante e coa Estrada Vella de Santiago, unha zona cuxo asfalto está xa moi desgastado e que fai preciso realizar unha actuación integral para garantir o funcionamento axeitado deste vial”, explicou Rubén Arroxo.

 

A solución adoptada polo Goberno de Lugo consiste na aplicación dunha nova capa de rodadura, baseada en mestura bituminosa en quente cun espesor medio de 5 cm. Os traballos comezaron esta mañá coa limpeza do firme actual, garantindo a drenaxe da vía e evitando os efectos nocivos da auga unha vez se remate a renovación. Estes traballos supoñen un investimento de 71.722€ e teñen un prazo de execución de 21 días.

 

Rubén Arroxo destacou o traballo executado pola Tenencia de Alcaldía nos últimos anos para garantir as mellores condicións posibles no Cemiterio Municipal. “Durante o 2020 ampliamos o cemiterio, primeira ampliación que se fai desde o 2006, e nos últimos anos consolidouse a programación cultural, que se realiza de xeito estable durante todo o ano”, afirmou o concelleiro, que engadiu “continuamos a traballar na mellora do Cemiterio para consolidalo como un referente internacional no eido dos cemiterios patrimoniais”.

 

O actual Cemiterio Municipal de San Froilán substituíu ás antigas instalacións de Magoi. A versatilidade do deseño de Eloi Maquieira para realizar actividades como as visitas nocturnas ou as distintas actividades culturais organizadas durante todo o ano, que fixeron que  o cemiterio de Lugo fose incluído na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos e gañase o recoñecemento de National Geographic como un dos cemiterios máis bonitos do mundo.

 
 
 
Comeza a renovación do asfalto do aparcadoiro exterior do Cemiteiro Municipal