Publícanse as listaxes provisionais de adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais
Felipe Rivas: “continuamos avanzando no procedemento de adxudicación das prazas nas Escolas Infantís Municipais”
As listaxes poden consultarse nos taboleiros de anuncios das escolas infantís, no taboleiro do Concello e nas oficinas da Concellería de Educación
Lugo, 18 de maio de 2022. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou que no día de hoxe se publicaron as listaxes provisionais de adxudicación de prazas nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que “continuamos avanzando no procedemento de adxudicación das prazas nas Escolas, publicando a adxudicación provisional e abrindo o prazo de alegacións”.
O período de alegacións estará aberto ata o 2 de xuño, e o procedemento continuará a partir desa data coa publicación definitiva das listaxes e a apertura do período de matrícula. As listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación.
A rede de escolas infantís municipais está formada por catro escolas distribuidas por toda a cidade. Neste ano, como novidade, aplícase a gratuidade da atención de todas as crianzas, sen importar se teñen ou non irmáns/ás. “Agardamos que no próximo curso poidamos retomar a normalidade sanitaria, co que se recuperarán os horarios e as actividades previos á pandemia”, afirmou Felipe Rivas.