UN GRUPO DE ESTUDANTES DO CEIP ANEXA, QUE PROTAGONIZOU UN DESFILE POLO CENTRO DA CIDADE, FOI RECIBIDO POLA CORPORACIÓN MUNICIPAL Á SÚA CHEGADA Á PRAZA MAIOR

As concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía participan na primeira xornada do Arde Lucus

Un grupo de estudantes do CEIP Anexa, que protagonizou un desfile polo centro da cidade, foi recibido pola Corporación Municipal á súa chegada á praza Maior

Na xornada da tarde visitaron un dos campamentos que nestes días enchen o centro de Lugo, onde coincidiron cun grupo da ONCE

As concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía participan na primeira xornada do Arde Lucus

 

 

Lugo, 13 de xuño de 2025. As concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía participaron das actividades organizadas na primeira xornada do Arde Lucus 2025, recibindo a un grupo de estudantes do CEIP Anexa, que realizou un desfile na xornada da mañá, e visitando un dos múltiples campamentos romanos, onde coincidiron cun grupo da ONCE que estaba a realizar unha visita adaptada a persoas con problemas de visión.

 

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, afirmou que "esta fin de semana a ocupación turística de Lugo está próxima ao 100%, agardamos que centos de persoas visiten Lugo para desfrutar das múltiples actividades que se celebrarán ao longo da fin de semana". A área de Turismo está lista xa para atender a un importante número de visitantes, coa apertura do posto de información turística da praza Maior, "cunha ubicación privilexiada que nos permite chegar cada vez a máis persoas", explicou.

 

Maite Ferreiro explicou que "a cantidade de turistas que recibimos nos distintos postos do Concello non deixa de aumentar cada ano", e engadiu "a importante promoción de Lugo como destino turístico de calidade e o esforzo realizado pola área de turismo para que as visitantes reciban información de calidade están dando os seus froitos".

 

As concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía participan na primeira xornada do Arde Lucus