A concellería de Infraestruturas Urbanas muda a pavimentación da rúa Iglesias Otero
Alexandre Penas: “trátase dun treito de 500 metros no que todos os anos se tiñan que colocar parches no asfalto, polo que a intervención é moi necesaria”
Lugo, 17 de agosto de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou do inicio da repavimentación da rúa Iglesias Otero, no barrio da Ponte. Alexandre Penas informou que “mudarase a actual capa de rodadura do treito afectado por unha feita con asfalto en quente”. O edil de infraestruturas explicou que “o estado desta vía provocaba que anualmente houbera que instalar distintos parches, polo que esta intervención axudará a reducir o gasto en mantemento”.
A concellería de Infraestruturas inviste 30.776,35€ na realización destes traballos, que teñen un prazo de realización de catro semanas. “Desde a Concellería de Infraestruturas tratamos de realizar actuacións periódicas de nos distintos barrios da cidade para garantir a calidade de vida da veciñanza da contorna e o acceso aos distintos servizos da cidade”, sentenciou Alexandre Penas.