O Concello de Lugo asiste á inauguración da exposición Percorrer o Tempo que se pode visitar na praza Horta do Seminario
A exposición camiño desde o punto de vista de distintos artistas visuais
Percorrer o Tempo poderá visitarse ata o vindeiro 2 de xaneiro de 2022
Lugo, 11 de novembro de 2021. Unha representación do Concello de Lugo asistiu esta mañá á inauguración da exposición Percorrer o Tempo, situada na praza Horta do Seminario. A mostra amosa o Camiño de Santiago baixo a mirada de distintos artistas visuais. A mostra está organizada pola Xunta de Galiza e Caixabank, e conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo.
A mostra chega a Lugo tras o seu paso pola cidade da Coruña, onde permanecerá ata novembro. Abrirá o vindeiro 8 de novembro e permanecerá na praza Horta do Seminario ata o 2 de xaneiro de 2022. A itinerancia continuará ata xullo de 2022, pasando por Ourense, Vigo e Compostela.
O traballo fotográfico e audiovisual exponse en 6 grandes contedores de barco habilitados como salas de proxección, onde poden contemplarse secuencias de imaxes, curtametraxes ou formatos híbridos de fotografía e vídeo. A viaxe entre os diferentes contedores e contidos é un reflexo da propia viaxe dos autores para realizar os seus proxectos, así como o transitar propio do Camiño.