O CONCELLO PAGOU MÁIS DE 17.000 EUROS Á SGAE POLO SAN FROILÁN DO 2017
O concello pagou máis de 17.000 euros á SGAE polo San Froilán do 2017
A edil Maite Ferreiro propuxo que se faga unha análise técnico-xurídica para tratar de atenuar o gasto que supón o pago á SGAE polas actividades das festas de San Froilán
A edil Maite Ferreiro propuxo que se faga unha análise técnico-xurídica para tratar de atenuar o gasto que supón o pago á SGAE polas actividades das festas de San Froilán. Ferreiro sinalou “sabemos dos dereitos que ten esta sociedade e das súas argucias recadatorias, pero entendemos que o concello debe poñer todos os medios para que os fondos das festas vaian destinados ao fin que lles son propios e non á SGAE”. A edil do BNG solicitou na comisión de festas celebrada hoxe que “se encargue a técnicos e xuristas do concello que analicen o xeito legal de evitar, ou reducir, estes pagos que non redundan absolutamente en beneficio das festas de Lugo e restan unha considerable partida económica que podería empregarse en concertos ou outros eventos”.