O BNG LEVOU Á COMISIÓN DE INFRAESTRUTURAS UNHA SERIE DE PREGUNTAS PARA SABER CANDO SE VAI PROCEDER AO DESDOBRAMENTO DO TRAMO DA DUQUESA DE LUGO

Non hai previsión de desdobramento na Duquesa de Lugo, o concello aínda busca propietarios

Rubén Arroxo sinalou que “sabemos con certeza que o concello aínda descoñece de quen é a propiedade dalgúns dos terreos que hai que ocupar para desdobrar a vía”

Non hai previsión de desdobramento na Duquesa de Lugo, o concello aínda busca propietarios

Lugo, 22 de marzo de 2018. Na Comisión de Infraestruturas celebrada no día de hoxe o BNG-AA presentou unha serie de preguntas sobre as previsións do goberno municipal para o desdobramento da Av. Duquesa de Lugo. “Non hai previsión de desdobramento na Duquesa de Lugo, o concello aínda busca propietarios” informou Arroxo e afirmou “sabemos, con certeza, que o concello aínda descoñece de quen é a propiedade dalgúns terreos que son necesarios para o desdobramento e esto significa que neste mandato vai ser imposible que se faga a obra”.

O voceiro do BNG-AA lembrou que “fai xustamente un ano alcaldesa e o presidente da Deputación desprazaban o seu atril dos anuncios ao entorno da Duquesa de Lugo para presentar un acordo entre Deputación e Concello para o desdobramento desta avenida que conecta o centro da cidade coa A-6 e cos polígonos industriais das Gándaras e o Ceao” e engadiu “segundo anunciaron naquel momento a Deputación de Lugo poñería 1 millón de euros para esta obra, pero parece que eses cartos non se van utilizar e o PSOE terá toda a responsabilidade”.

“O BNG seguirá a traballar para que esta obra se execute e faremos campañas para que así sexa, por que entendemos que é necesario este desdobramento para que Lugo funcione” dixo Arroxo. O BNG instalou recentemente unha valla publicitaria nesta zona para reclamar o desdobramento da avenida.

Non hai previsión de desdobramento na Duquesa de Lugo, o concello aínda busca propietarios