FELIPE RIVAS SINALOU “PRETENDEMOS ACTUALIZAR A OFERTA DIDÁCTICA NAS ESCOLAS CREANDO ESPAZOS MULTISENSORIAIS E RENOVADO AS DOTACIÓNS”
O concello solicita da Xunta máis de 35.000 euros para a mellora das Escolas Infantís Municipais
As actuacións de mellora previstas polo goberno municipal suporían intervencións e melloras en catro Escolas Infantís Municipais
Lugo, 20 de setembro de 2019. O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou sobre a solicitude, feita dende a Área que dirixe, á Xunta de Galiza para á mellora de infraestruturas e equipamento das Escolas Infatíns Municipais. O total do importe solicitado ascende a 35.965 euros. Felipe Rivas sinalou “trátase dunha competencia que debería asumir a propia Xunta, pero ante a súa pasividade o concello oferta este servizo fundamental para a conciliación da vida familiar”.
As axudas foron solicitadas ao amparo da orde do 8/08/2019 da Consellería de Política Social pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestructuras e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2019. A axuda que se solicita á Consellería de Política Social é polo 100 % do orzamento total de gastos dos proxectos que se presentan. O edil nacionalista informou sobre os proxectos previstos e orzamentados para as diferentes Escolas Infantís que se concretan do seguinte xeito:
A) Actuacións na EIM Luís Soto Menor, por un orzamento de 9.673,03 €.:
-Pavimentación patio: 3.500,32 €.
-Execución de tronas para 7 postos
(aula zona comedor 0-1 ano): 2.135,00 €.
-Execución porta acceso a patio/xardín: 1.936,43 €.
- Material para evacuación berces e os
correspondentes colchóns : 807,16 €.
- Espazo multisensorial: 775,81 €.
-Mesa plegable e soporte parede: 518,31 €.
B) Actuacións na EIM Gregorio Sanz, por un orzamento de 10.253,19 €.:
- Execución novo armario na lavandería: 693,90 €
- Obra adaptación taquillas adecuación
protocolo de saúde: 855,47 €.
- Execución de tronas de obra: 3.965,00 €.
-Creación espazo multisensorial
e a súa dotación: 3.558,10 €.
- 2 portátiles Notebook HP 67 250 6BP 64EA 1.180,72 €.
C) Actuacións na EIM María Wonenburger por un orzamento de 7.895,48 €.:
- Pavimentación patio: 3.021,31 €.
- Espazo multisensorial: 2.764,81 €.
- Material para evacuación, berces: 1.614,32 €.
- Proxector EPSON: 495,04 €.
D) Actuacións na EIM Serra de Outes, por un orzamento de 8.144,26 €.:
- Almacén para xogos / material de psicomotricidade: 2.035,22 €.
- Execución mobilidade de obra: 828,85 €.
- Sillón lactancia: 356,15 €.
- Casa exterior multiactividades: 408,37 €.
- Moble selección material: 210,37 €.
- Espello unidade bebés: 85,06 €.
- Espazo multisensorial : 3.522,25 €.
- Proxector e pantalla EPSON EBX39L: 697,99 €.
Nota: Achégase foto e corte de voz.