O concello ten que captar recursos para a promoción do Camiño Primitivo
Para o BNG Asembleas Abertas é un momento que Lugo non pode desaproveitar para a promoción turística e hostaleiros e tecido asociativo teñen moito que decir
Lugo, 16 de setembro de 2015. O voceiro do BNG Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, anunciou a presentación dunha iniciativa para que, dende o concello de Lugo, se implemente un programa de xestión de axudas para promocionar o Camiño Primitivo. Arroxo explicou que se deben poñer os medios para que as asociacións de hostaleiros e colectivos implicados na promoción do Camiño Primitivo poidan obter recursos que revirtan na difusión e mellora desta vía que acaba de ser nomeada Patrimonio da Humanidade.
Para o BNG Asembleas Abertas é un momento que Lugo non pode desaproveitar para a promoción turística e hostelairos e tecido asociativo teñen moito que decir. Arroxo explicou que o concello é administración que se ten que poñer a traballar para captar recursos de outras administracións e favorecer que os colectivos que traballan arredor do Camiño Primitivo poidan acceder tamén a estes recursos.
Entendemos que as asociacións de hostaleiros e outras entidades que levan tempo traballando na promoción do camiño teñen contar coa apoio do goberno municipal para afrontar accións promocionais que servan para atraer turismo a Lugo afrimou Arroxo. Lugo conta, neste momento, con dous elementos que son patrimonio da humanidade e temos que facer de esta circunstancia a nosa bandeira para a promoción turística da cidade, do concello e do páis afirmou o voceiro nacionalista.