Continúa o período de inscrición das Casas das Linguas municipais
As Casas das Linguas ofertan cursos de galego, portugués, inglés, francés, alemán e linguaxe de signos
Os horarios das aulas e os formularios para inscribirse nos distintos cursos poden atoparse no blog das casas das linguas
Lugo, 31 de agosto de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que continúa período de inscrición nas casas das linguas para o curso 2022-23. O período de inscricións e estenderase ata o vindeiro día 8 de setembro para as dúas Casas das Linguas municipais.
As persoas que desexen anotarse a algún dos cursos ofertados (galego, portugués, inglés, francés, alemán e linguaxe de signos) deberán presentar a documentación necesaria: fotocopia do DI, folla de inscrición, fotografía de tamaño carné e xustificante de pago de taxas para os maiores de 14 anos, ademais da autorización familiar e fotocopia do DI do pai, nai ou titor legal no caso das menores de idade. Cada grupo contará con 20 prazas para adultos e 15 prazas para nenas e nenos.
Entre o 8 e o 14 de setembro abrirase o proceso de matrícula, unha vez publicadas as listaxes de admisión aos cursos. As clases darán comezo o luns 15 de setembro e rematarán o 16 de xuño de 2023. Pode consultarse máis información no blog das casas das linguas municipais.