Continúan as actividades presenciais do Parque Infantil de Tráfico do 2022
O Tenente de Alcalde e o edil responsábel da instalación, Felipe Rivas, visitaron o PIT durante as sesións desta mañá
Felipe Rivas: "todos os nenos e nenas que acoden ao PIT recibiron tamén unha sesión específica sobre seguridade viaria"
Lugo, 07 de maio de 2022. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado do concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitaron o Parque Infantil de Tráfico, onde nenas e nenos de varios centros de ensino de Lugo están a desfrutar de sesións de circulación segura, dentro do programa de visitas aos colexios que dende o Parque Infantil de Tráfico se organizan anualmente.
“Este ano, coa reducción das medidas sanitarias, avanzamos na volta á normalidade nesta instalacións, que recibirá ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria de 8 centros de ensino de Lugo”, explicou o concelleiro de Educación, que engadiu “mantemos vivo un dos poucos parques de tráfico permanentes da Galiza, unha infraestructura pensada para educar non só a futuros conductores e conductoras, senón tamén a peóns, pensando nos novos modelos de mobilidade”.
"Todos os nenos e nenas que acoden ao Parque recibiron anteriormente unha sesión específica sobre seguridade viaria no seu centro de ensino", indicou Felipe Rivas.
A programación destas xornadas, están amplamente consolidadas no calendario das familias e dos centros de ensino lucenses. A concellería de Educación organiza estas xornadas "para que os nenos e nenas adquiran conductas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias de transporte público ou privado", afirmou o concelleiro de Educación.