A Corporación Municipal realiza a tradicional ofrenda floral no Cemiterio Municipal
Lugo, 02 de novembro de 2019. A Corporación Municipal do Concello de Lugo realizou a tradicional ofrenda floral co motivo da festividade de Santos. Segundo indicou a Concelleira de Participación, Cristina López, “nesta nova etapa, queremos que este acto de lembranza ás persoas da cidade que están enterradas aquí sexa conducido polas súas familiares”. Nesta ocasión, Uxío Novo foi o encargado de relizar a ofrenda coincidindo co 20 aniversario do falecemento do poeta Uxío Novoneyra.
A programación de Santos continúa nos vindeiros días. A esperada interpretación de Don Juan Tenorio terá lugar o día 9 ás 20:30, correndo a cargo de Palimoco Teatro, mentres que a lectura dramatizada por nenos e nenas de Malala Teatro e da Escola Palimoco de Teatro, Don Juanín, será o día 21, neste caso ás 19:30. Ambas actividades estarán limitadas a 100 prazas O día 24 terá lugar o Faladoiro de Defuntos a cargo do grupo de teatro Achádego ás 19:00, cun total de 50 prazas. Ademais, continúa aberto o prazo, ata o 19 de novembro, para presentar fotografías para o concurso “Estampas de Paz e Acougo”