A MOSTRA ESTARÁ EXPOSTA NO VELLO CÁRCERE ATÉ O 24 DE NOVEMBRO

Rubén Arroxo presenta Inmersión, mostra pictórica de Luísa Paz e Concetta Montenegro

Rubén Arroxo presenta Inmersión, mostra pictórica de Luísa Paz e Concetta Montenegro

Lugo, 31 de outubro de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, acudiu no día de hoxe á presentación da mostra pictórica de Luísa Paz e Concetta Montenegro, Inmersión. A mostra, que estará exposta no Vello Cárcere até o 24 de novembro, consta de 37 obras, que segundo Rubén Arroxo, “son un canto á liberdade e a Galiza, xa que todas teñen unha conexión co país e con Lugo”.

A obra de Luísa Paz está centrada no abstracto. Unha obra cromática, creativa e vistosa, mais sobre todo impactante. De temática diversa e con múltiples lecturas, na súa obra sempre está presente a muller e aqueles espazos de Lugo que ten gravados na memoria.

A obra de Concetta coida moito as texturas, dándolles unha especial relevancia e obrigando a traballar e por todos os sentidos á hora de contemplala. “Trátase dunha artista que se desvía das normas e marca o seu propio camiño”, segundo indicou Rubén Arroxo.

 

Rubén Arroxo presenta Inmersión, mostra pictórica de Luísa Paz e Concetta Montenegro