Cristina López asiste ao Foro Panasef, que se está a celebrar en Sevilla

“Continuamos a promocionar o Cemiterio Municipal de Lugo”, explicou Cristina López

Xunto co foro celébrase unha xuntanza da directiva da Asociacións de Funerarias e Cemiterios Municipais

 

Cristina López asiste ao Foro Panasef, que se está a celebrar en Sevilla

Lugo, 21 de outubro de 2021. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, acudiu ao Foro Panasef, organizado pola Asociación Estatal de Servizos Funerarios, que se está a celebrar en Sevilla, para coñecer as últimas novidades no sector funerario. A concelleira de Participación acudiu á mostra xunto coa xefa de servizo de Participación, Amparo Rubinos, e reuníronse con representantes de distintas entidades do sector funerario e cemiterios do estado e internacionais.

Xunto co foro terá lugar a asemblea extraordinaria da Xunta Directiva da Asociación de Funerarias e Cemiterios Municipais, na cal Lugo ten representación.

Cristina López destacou o traballo realizado nos últimos anos para mellorar o Cemiterio Municipal, e a promoción que a presenza nesta actividade dará “a un dos poucos cemiterios de xestión totalmente pública de todo o estado”. Cristina López afirmou que "seguimos a planificar traballo para mellorar o Cemiterio Municipal, mellorando as instalacións seguindo as solicitudes que nos fan as veciñas e veciños, e avanzando de cara a contar cun cemiterio referencial a nivel internacional".

O Foro Panasef é un evento, organizado pola Asociación Estatal de Servizos Funerarios, que se está a celebrar en Sevilla. O obxectivo é comunicar á sociedade a proposta de valor deste sector, romper as barreiras que supoñen o tabú sobre a morte e continuar avanzando na profesionalización á que xa tende o sector.

Cristina López asiste ao Foro Panasef, que se está a celebrar en Sevilla