Olalla Rodil “Os orzamentos da Xunta deste 2023 para Lugo son pura inconsistencia e propaganda”

Olalla Rodil
Olalla Rodil

A deputada do BNG por Lugo valorou as partidas deste ano como os “eternos anuncios que nunca chegan e que demostran que o PP non ten o máis mínimo proxecto para as comarcas de Lugo”

 

O BNG presentará emendas para impulsar máis dinamismo e compromiso con Lugo

Olalla Rodil “Os orzamentos da Xunta deste 2023 para Lugo son pura inconsistencia e propaganda”

Lugo, 22 de outubro 2022.- A deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, valorou os orzamentos da Xunta de Galiza para o exercicio 2023, os que valorou como “pura inconsistencia e propaganda” debido a que o proxecto de contas presentado polo Partido Popular á fronte da Xunta continúan a repetir as mesmas partidas dos anos anteriores e sen executar.

Neste sentido, a deputada nacionalista subliñou diversos proxectos que a Xunta non está rematar nin destinar os suficientes recursos “temos o Porto Seco de Monforte, que leva máis de dez anos enchéndose de silvas, o desdobramento do corredor entre Nadela-Sarria o que non vai chegar ser minimamente unha realidade até 2026 e o rescate do proxecto da ronda Leste de Lugo”

Rodil lembrou que estes proxectos foron anunciados nos derradeiros anos mais sen executarse “incumprimento tras incumprimento sen  mover un só papel en todo este tempo, esa é a credibilidade do Partido Popular con Lugo, as mesmas promesas de sempre que nunca se cumpren ”

Por isto, o BNG impulsará emendas para pór os intereses e as necesidades das luguesas e lugueses e afondar un maior compromiso con Lugo “presentaremos emendas para incentivar un maior dinamismo económico e social para as comarcas de Lugo, como o impulso de infraestruturas clave como son o corredor Lugo-Monforte, o Porto Seco ou a rehabilitación da Tinería, como tamén emendas para mellorar as oportunidades e garantir os mellores servizos á veciñanza das comarcas de Lugo” declarou Rodil.

Olalla Rodil “Os orzamentos da Xunta deste 2023 para Lugo son pura inconsistencia e propaganda”