A CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN ASISTIU AO ENCONTRO XUNTO COA XEFA DE SERVIZO DE PARTICIPACIÓN, AMPARO RUBINOS

Cristina López asiste ao III Encontro de Mercados Tradicionais que se celebra esta fin de semana en Barcelona

O encontro, organizado pola coordinadora estatal de mercados tradicionais METRAE, ten lugar no mercado da Boquería en Barcelona

A concelleira de Participación asistiu ao encontro xunto coa xefa de servizo de Participación, Amparo Rubinos

Cristina López asiste ao III Encontro de Mercados Tradicionais que se celebra esta fin de semana en Barcelona

 

Lugo, 22 de outubro de 2023. A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, acompañada pola xefa de servizo de participación, Amparo Rubinos, asiste durante esta fin de semana ao III Econtro de Mercados Tradicionais que se está a celebrar no Mercado da Boquería, en Barcelona, organizado pola coordinadora estatal de mercados tradicionais de abastos METRAE. A concelleira de Participación asiste a esta mostra "co obxectivo de continuar a mellorar os servizos que prestamos en dúas instalacións referenciais como son a Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros".

No encontro participan os responsábeis dos principais mercados tradicionais do estado, onde amosarán os seus distintos proxectos e, a través de mesas redondas e varias sesións paralelas, se porase en común o funcionamento de cada unha das instalacións. 

"Seguimos traballando para que a Praza e o Mercado cheguen a ter o total dos seus postos ocupados e en funcionamento" declarou Cristina López, que destacou que "na Praza e no Mercado atopamos produtos de calidade, ao mesmo tempo que recibimos a atención persoal das e dos distintos profesionais de cada posto".

Cristina López destacou a importancia do comercio local, "que demostrou a súa importancia durante a crise sanitaria", e afirmou que "neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, para o que o pequeno comercio se volve imprescindible".

 

Cristina López asiste ao III Encontro de Mercados Tradicionais que se celebra esta fin de semana en Barcelona