O PORTAVOZ DO BNG EN LUGO, RUBÉN ARROXO, MANTIVO UNHA XUNTANZA CON VECIÑAS E VECIÑOS DE NADELA AFECTADAS POLO PECHE DO CENTRO DE SAÚDE

O BNG reafirma o apoio á veciñanza de Nadela na súa reclamación de persoal para o centro de saúde

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con veciñas e veciños de Nadela afectadas polo peche do centro de saúde

Rubén Arroxo: "no verán, a Xunta de Galiza dixo que o peche ía ser temporal, mais seguimos vendo como sigue habendo falta de persoal no centro"

O BNG reafirma o apoio á veciñanza de Nadela na súa reclamación de persoal para o centro de saúde

 

Lugo, 23 de outubro de 2023. O Portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, achegouse ata Nadela onde mantivo unha xuntanza coas veciñas e veciños para coñecer a situación do centro de saúde. Arroxo lembrou que no verán a veciñanza denunciaba o peche do centro e que a Xunta respondeu que se trataba dunha cuestión temporal, "mais estamos a finais de outubro e a veciñanza de Nadela aínda non pode utilizar o seu centro de saúde habitual, tendo que ir a Fingoi algúns días da semana".

O BNG defende que a decisión do goberno galego merma a calidade da atención primaria, e obriga á poboación, en moitos casos maior e con problemas de mobilidade, a desprazarse de maneira innecesaria.

"As veciñas e veciños continúan a temer o peche definitivo da instalación, unha perda de servizos para unha das zonas do rural de Lugo con máis poboación", indicou Arroxo. O BNG reclamará á Xunta que garanta a atención sanitaria no Centro de Saúde de Nadela á veciñanza das parroquias do sur de Lugo, cubrindo as distintas prazas libres no Centro de Saúde e garantindo a substitución do persoal durante as vacacións.

A atención primaria "é o punto de entrada da veciñanza no sistema sanitario, un par clave para o sistema, que na actualidade está pasando por unha situación límite debido á precarización do servizo por parte da Xunta", aclarou Arroxo.

O portavoz do BNG afirmou que "a Xunta de Galiza pretende pechar o centro nun proceso de desmantelamento da sanidade pública", e engadiu "a  veciñanza ten que poder asistir ao seu médico todos os días, non ter atención dous días á semana no seu centro de saúde e ter que desprazarse o resto".

O BNG reafirma o apoio á veciñanza de Nadela na súa reclamación de persoal para o centro de saúde