A DEPUTADA DO BNG POR LUGO VALOROU AS PARTIDAS DESTE ANO COMO OS "ETERNOS ANUNCIOS QUE NUNCA CHEGAN E QUE DEMOSTRA QUE O PP CARECE DUN MÍNIMO PROXECTO PARA AS COMARCAS DE LUGO"

Carme Aira "Os orzamentos da Xunta deste 2023 para Lugo son insuficientes e denotan a falta de compromiso do Partido Popular coa cidade e máis coa provincia"

A deputada do BNG por Lugo valorou as partidas deste ano como os "eternos anuncios que nunca chegan e que demostra que o PP carece dun mínimo proxecto para as comarcas de Lugo"

O BNG presentará emendas para impulsar máis dinamismo e compromiso con Lugo

Carme Aira "Os orzamentos da Xunta deste 2023 para Lugo son insuficientes e denotan a falta de compromiso do Partido Popular coa cidade e máis coa provincia"

 

Lugo, 24 de Outubro de 2023 A deputada nacionalista por Lugo, Carme Aira, fixo, en chave lucense, unha valoración inicial do proxecto de orzamentos que vén de facer públicos da Xunta de Galiza e lamenta que "os orzamentos 2024 confirmen o abandono do PP a Lugo ao ser un refundido de promesas atrasadas no tempo, sen medidas novas para blindar servizos como a sanidade pública ou para o impulso económico".

De forma singular, a deputada lamenta que "proba deste abandono son esquecementos para Lugo da importancia de consignar unha dotación orzamentaria para a recuperación do barrio da Tinería, que sería fundamental para darlle un pulo á cidade e que leva sen ningunha nova dotación dende a época do bipartito"

Neste sentido, a deputada nacionalista subliñou diversos proxectos que a Xunta non está rematar nin destinar os suficientes recursos "o Porto Seco de Monforte, que leva máis de dez anos en situación de parálise e ao que recorrentemente se lle asignan 500.000€ a sabendas de que non se van usar precisamente porque son insuficientes para cumprir coas exixencias do goberno do estado". "O desdobramento do corredor entre Nadela-Sarria, fundamental para comunicar o centro e o sul da provincia en condicións de máxima seguridade viaria, non vai chegar ser minimamente unha realidade até 2027.

Aira lembrou que estes proxectos foron anunciados nos derradeiros anos mais sen executarse "incumprimento tras incumprimento sen  mover un só papel en todo este tempo, esa é a credibilidade do Partido Popular con Lugo, as mesmas promesas de sempre que nunca se cumpren " tal e como se demostra na lentitude da reconstrución da estrada Lu-651 que vertebra o concello de Folgoso do Caurel que non se rematará ata finalizado o 2026.

Cuestións fundamentais como garantir un transporte público resolutivo e de calidade que vertebre o territorio, as melloras que se precisan no transporte escolar ou unha loita integral contra o despoboamento non son tidas en conta. Tampouco as inversións en Sanidade parecen suficientes xa que as carencias na atención primaria ou tamén no hospital comarcal de Monforte merecerían unha especial dotación.

Por isto, o BNG impulsará emendas para pór os intereses e as necesidades das luguesas e lugueses e afondar nun maior compromiso con Lugo "presentaremos emendas para incentivar un maior dinamismo económico e social para as comarcas de Lugo, como o impulso de infraestruturas clave como son o corredor Lugo-Monforte, o Porto Seco ou a rehabilitación da Tinería, como tamén emendas para mellorar as oportunidades e garantir os mellores servizos á veciñanza das comarcas de Lugo facendo especial fincapé en dotar ao rural de elementos de habitabilidade que o fagan atractivo para desenvolverse socioeconomicamente entorno ao sector primario, permitíndolle á súa vez unha maior fixación de poboación" declarou Aira.

Carme Aira "Os orzamentos da Xunta deste 2023 para Lugo son insuficientes e denotan a falta de compromiso do Partido Popular coa cidade e máis coa provincia"