CRISTINA LÓPEZ: "ORGANIZAMOS UNHA SERIE DE ACTIVIDADES DIVERSAS PARA ANIMAR Á VECIÑANZA A ACHEGARSE AO CEMITERIO"

Rubén Arroxo e Cristina López presentan as actividades organizadas no Cemiterio Municipal arredor do 1 de novembro

Cristina López: "Organizamos unha serie de actividades diversas para animar á veciñanza a achegarse ao cemiterio"

Os días 29 de outubro e 1 de novembro, o Cemiterio contará con música a cargo da Asociación Músico Crisanto

Rubén Arroxo e Cristina López presentan as actividades organizadas no Cemiterio Municipal arredor do 1 de novembro

 

Lugo, 24 de outubro de 2023. Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto con Cristina López, concelleira Participación e Servizos para a Veciñanza, presentaron as actividades que se realizarán no Cemiterio enmarcadas na celebración do 1 de novembro. Cristina López explicou que a actividade se estenderá ao longo de todo o mes, "achegando un ano máis unha serie de actividades diversas coas que agardamos que toda a veciñanza se achegue ao cemiterio", explicou Cristina López.

Un ano máis, na xornada do 1 de novembro, repetirase a iniciativa da árbore da luz, posta en marcha pola Tenencia de Alcaldía o ano pasado e que foi un éxito entre todas as persoas que visitaron o cemiterio nestas datas. Todas as persoas que se acheguen poderán deixar as súas mensaxes para as e os defuntos a través de cintas que se colgarán da árbore instalada na entrada do cemiterio.

Na propia xornada do 1 de novembro, ademais dos días 30 e 31 de outubro reforzarase o bus urbano que conecta o centro co Cemiterio, habilitando liñas especiais comunicando de xeito continuo o Cemiterio coa rolda da Muralla.

O 29 de outubro e o 1 de novembro, o Cemiterio encherase de música durante todo o día, coas agrupacións da asociación Músico Crisanto realizando distintos concertos entre as 11:30 e as 13:30, e pola tarde de 16 a 18 horas. O día 2, celebrarase a ofrenda floral da Corporación Municipal a todos os defuntos do Cemiterio Municipal, mentres que as lecturas dramatizadas de Don Juan Tenorio, a cargo de Palimoco Teatro, terán lugar o día 9 a partir das 20:30, e o día 19, con dous pases ás 19:30 e ás 20:30. As entradas para ambas representacións teatrais poderanse retirar na Oficina de Turismo da praza do Campo, ou reservarse chamando ao Cemiteirio.

As actividades continuarán co concerto da lembranza, que será o 08 de novembro ás 18:30, e co IX Concurso de Fotografía Estampas de Paz e Acougo  terá lugar do 01 de outubro até o 30, e nesta edición versará sobre a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. Pode consultarse máis información contactando coa área de Participación.

Rubén Arroxo e Cristina López presentan as actividades organizadas no Cemiterio Municipal arredor do 1 de novembro