O GOBERNO DE LUGO LEMBROU ÁS MULLERES QUE FORMAN PARTE DO REXISTRO DO MERCADO TRADICIONAL

A área de Participación celebra o día da Muller Rural cunha homenaxe ás mulleres do Mercado Tradicional

IMG_0002 (5)

Cristina López destacou "o importante papel de todas estas mulleres, que axudaron a converter a Praza de Abastos e o Mercado Municipal en espazos de referencia para Lugo"

O Goberno de Lugo lembrou ás mulleres que forman parte do rexistro do Mercado Tradicional

A área de Participación celebra o día da Muller Rural cunha homenaxe ás mulleres do Mercado Tradicional

 

Lugo, 20 de outubro de 2023. A concellería de Participación e Servizos para a Veciñanza que dirixe Cristina López realizou un recoñecemento a todas as mulleres que forman parte do rexistro do Mercado Tradicional. López destacou "o importante papel de todas estas mulleres ao longo dos anos, contribuíndo a que a Praza e o Mercado sexan actualmente espazos cunha especial importancia para as veciñas e veciños de Lugo".

A área de Participación recoñeceu a labor de todas as mulleres que se achegan ao mercado tradicional, "que está integrado practicamente só por mulleres, e que permite desfrutar de productos naturais e de proximidade"

O Mercado Tradicional celebrarase no soto da Praza de Abastos nas mañás dos martes e dos venres, entre as 8:30 e as 14:30 horas. Os produtos que se venden neste mercado son os propios da colleita, engadíndose á oferta de produtos de primeira calidade que se poden atopar na Praza e no Mercado  de Lugo.

Día da Muller Rural

A celebración do Día da Muller Rural realízase desde o 2007 o 15 de outubro. A Asemblea Xeral da ONU puxo como obxectivo desta data o recoñecemento da muller rural pola súa contribución no desenvolvemento rural e agrícola, a erradicación da pobreza e a mellora na seguridade alimentaria.

Na declaración inicial, chámase aos estados membros da ONU a mellorar a condición das mulleres do rural, prestando atención ás súas necesidades e pide empoderalas no eido social, económico e político.

A área de Participación celebra o día da Muller Rural cunha homenaxe ás mulleres do Mercado Tradicional