RUBÉN ARROXO, TENENTE ALCALDE DO CONCELLO DE LUGO, XUNTO CON CONCELLEIRAS E CONCELLEIROS DA TENENCIA DE ALCALDÍA, PARTICIPOU NA PRIMEIRA XUNTANZA NO CENTRO DE CONVIVENCIA MARÍA BALTEIRA, DIRIXIDA Á VECIÑANZA DA ZONA NORTE DA CIDADE

Arrancan as xuntanzas abertas para elaborar os orzamentos participativos da Tenencia de Alcaldía para o 2024

 

O Goberno de Lugo avanzará na humanización da zona norte cunha nova peonalización na rúa Milagrosa "continuando coa creación dunha zona de paseo que comunique a Muralla coa praza da Milagrosa"

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto con concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía, participou na primeira xuntanza no Centro de Convivencia María Balteira, dirixida á veciñanza da zona norte da cidade

O Goberno responderá ás peticións enviadas ao correo electrónico [email protected], que se habilitou para facilitar a participación das persoas que non poidan asistir ás reunións

Arrancan as xuntanzas abertas para elaborar os orzamentos participativos da Tenencia de Alcaldía para o 2024

 

Lugo, 19 de outubro de 2023. Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto coas concelleiras e concelleiros das distintas áreas da Tenencia de Alcaldía, participou na primeira xuntanza aberta á veciñanza para elaborar os Orzamentos Participativos do ano 2024. O Centro de Convivencia María Balteira acolleu a primeira das tres xuntanzas proxectadas polo Goberno Municipal, e que permitirán "escoitar as necesidades reais das veciñas e veciños das distintas zonas da cidade para planificar os traballos ao longo do ano".

O Goberno de Lugo continuará no ano 2024 co proxecto de humanización na zona norte, ao executar a peonalización da rúa Milagrosa, unha das peticións da veciñanza na xuntanza de hoxe. "Esta nova peonalización permitiranos dar un paso adiante na mellora dos espazos públicos na zona norte, ademais de seguir avanzando no itinerario peonil que comunica a Muralla coa praza da Milagrosa", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "as cidades teñen traballar para combater os efectos do cambio climático. e o feito de gañar espazos para as persoas creando tamén novas zonas de sombra, permite mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños de Lugo".

Desde a Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo iníciase deste xeito un plan piloto que permita elaborar uns orzamentos realmente participativos nos que a veciñanza sexa parte do proceso de toma das decisións que lle afectan directamente, e poida propoñer os traballos a realizar por parte do Concello.

Rubén Arroxo lembrou que este proxecto "é o seguinte paso" do traballo realizado na Tenencia de Alcaldía ao longo do último mandato. Nese período, as distintas áreas realizaban os orzamentos e planificaban as distintas intervencións a través das reclamacións e solicitudes da veciñanza. "neste novo período continuamos a escoitar a todas as veciñas e veciños para planificar as intervencións das distintas zonas da cidade", explicou Arroxo.

 

A primeira xuntanza estivo dirixida á veciñanza da zona norte da cidade. O martes 24, as concelleiras da Tenencia de Alcaldía escoitarán as propostas das veciñas e veciños de Fontiñas a partir das 18:00 no Centro de Convivencia Maruja Mallo, e a veciñanza de Fingoi terá a oportunidade de realizar as súas propostas o mércores 25 a partir das 19:00 no Centro de Convivencia de Fingoi. Para as persoas que non poidan asistir ás distintas xuntanzas, o Goberno de Lugo habilitou o correo electrónico [email protected], onde se atenderán e responderán todas as solicitudes que remitan as veciñas e veciños de Lugo.

Arrancan as xuntanzas abertas para elaborar os orzamentos participativos da Tenencia de Alcaldía para o 2024