MÁIS DE 150 PAÍSES ESTÁN PRESENTES NO EVENTO
Cristina López participa no XX Encontro Iberoamericano de Valoración e Xestión Cemiterios Patrimoniais
Tres palestras difundirán o traballo realizado no Cemiterio Municipal
Lugo, 14 de novembro de 2019. A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, representa ao Concello de Lugo no XX Encontro Iberoamericano de Valoración e Xestión Cemiterios Profesionais, que está acelebrarse en Málaga baixo o título “Os cemiterios como recurso cultural, turístico e educativo”. O obxectivo deste encontro é crear un espazo de discusión e reflexión en torno á dinamización cultural dos cemiterios e á súa proxección como espazos de uso turístico, cultural e educativo.
Máis de 150 poñentes conflúen neste evento para achegar as súas aportacións sobre historia, iconografía, arte, arquitectura, experiencias de difusión e xestión, etc. O Cemiterio Municipal estará presente a través de tres intervencións:
- A Xestión no Cemiterio de San Froilán, a cargo de Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza.
- Recuperando a memoria do Cemiterio Xeral de Lugo, por Ana Goy.
- O Rexurdir da vida dos Cemiterios: A celebración da Vida no Cemiterio de San Froilán, a cargo de Amparo Rubinos.
A participación neste evento, de calado internacional, contribúe á proxección do Cemiterio Municipal de San Froilán, que se está a converter nun dos cemiterios máis emblemáticos do estado.