O CAMIÑO PRIMITIVO RECIBIRÁ ILUMINACIÓN CON MOTIVOS ESPECIAIS

O Concello decorará o centro e as rúas principais da cidade polo Nadal

Utilizaranse as tecnoloxías máis eficientes  e que mellor se adapten a cada motivo

O Concello decorará o centro e as rúas principais da cidade polo Nadal

Lugo, 14 de novembro de 2019. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, deu conta no día de hoxe dos avances realizados na contratación das luces de Nadal. “A iluminación de Nadal utilizará tecnoloxías eficientes, como LED ou fibra óptica, para reducir o consumo enerxético e acoutar a contaminación lumínica”, indicou Maite Ferreiro, que explicou que, ademais de arcos e elementos ornamentais por toda a cidade, colocaranse elementos decorativos na praza Maior.

A iluminación, que cubrirá o centro da cidade e se estenderá polas rúas máis amplas, estará formada por motivos alegóricos referidos ás festas de Nadal, con preferencia de cores frías, e engadindo elementos de cor que enriquezan a decoración. O Camiño Primitivo recibirá un deseño alegórico propio.

 

O Concello decorará o centro e as rúas principais da cidade polo Nadal