O CONCERTO COMEZARÁ ÁS 20 HORAS E CELEBRARASE NO AUDITORIO DO VELLO CÁRCERE
A Escola Municipal de Música celebra o vindeiro xoves o Concerto de Santa Icía
19 nov. 2019 - 10:04
Lugo, 15 de novembro de 2019. Con motivo do día de Santa Icía, patroa da Música, a Escola Municipal de Música organiza o vindeiro xoves 21 o seu Concerto de Santa Icía, que comezará ás 20h no auditorio do Vello Cárcere. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, animou a toda a veciñanza a acudir e “descubrir a gran calidade das músicas e músicos lucenses”.
Catro agrupacións da escola compartirán escenario, comezando co Grupo de Clarinetes e o Combo de Formación de Adultos, rematando co Grupo de Pandeireteiras e o Grupo Tradicional.