A CONCELLEIRA DESTACOU O ÉXITO DA INICIATIVA, Á QUE ACUDIRON PRETO DE 600 NENAS E NENOS NO PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO

Cristina López valora os obradoiros infantís no Mercado Municipal


A concelleira destacou o éxito da iniciativa, á que acudiron preto de 600 nenas e nenos no primeiro semestre do ano

Cada sábado, entre as 11 e as 14 horas, o Mercado Municipal acolleu un obradoiro para nenas e nenos de 4 a 12 anos, facilitando a conciliación das familias e promocionando o Mercado
 

Cristina López valora os obradoiros infantís no Mercado Municipal



Lugo, 02 de agosto de 2024. Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, valorou os obradoiros infantís que se celebraron ao longo do ano nas instalacións do Mercado Municipal. Cristina López explicou que "durante os primeiros meses do ano esta foi unha das actividades con máis aceptación por parte da veciñanza, acollendo en total a 591 nenas e nenos".

O Goberno de Lugo continuará coa celebración destes obradoiros "co obxectivo de promocionar unhas instalacións históricas e referentes do comercio de proximidade como son a Praza de Abastos e o Mercado Municipal, ao mesmo tempo que facilitamos a conciliación familiar".

As actividades están destinadas a nenas e nenos entre 4 e 12 anos, e tratan temas como a reciclaxe, a creatividade ou a cociña, tratando temas como o coidado do medio ambiente ou a creatividade.

"Continuamos a traballar para dinamizar a Praza e o Mercado con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos pasen unha mañá realizando actividades lúdicas e formativas", afirmou Cristina López, que engadiu "convidamos á veciñanza de Lugo a realizar as súas compras na Praza e no Mercado, desfrutando da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación e da calidade dos productos dos distintos postos, referentes do comercio de proximidade".

Cristina López valora os obradoiros infantís no Mercado Municipal