MAITE FERREIRO E A ARTISTA PLÁSTICA CABANES FONTAO VISITARON A MOSTRA
Vestigia, de Cabanes Fontao, nova exposición temporal do Vello Cárcere
A mostra de pintura poderá visitarse ata o mes de outubro
Maite Ferreiro e a artista plástica Cabanes Fontao visitaron a mostra
Lugo, 04 de agosto de 2024. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da lingua, Maite Ferreiro, achegouse ata o Vello Cárcere onde vén de abrir ao público a exposición Vestigia, da artista plástica Cabanes Fontao. A exposición conta con distintas pezas que tratan sobre a contaminación co plástico, un dos piares do traballo actual da artista coruñesa. Vestigia trata sobre as problemáticas que conleva o abuso do plástico, como a contaminación, o cambio climático e o coidado do medio.
O proxecto creativo de Cabanes Fontao comeza coa recolección de plásticos, especialmente na costa, e continúa cun proceso de limpeza e catalogado que permite despois traballar coa peza desde o pigmento ou a luz, convertendo un material tóxco para o medio nunha obra de arte que amosa vida e luminosidade.
A mostra poderá visitarse na primeira planta de celas de mulleres do Vello Cárcere ata o vindeiro 13 de outubro.