Cristina López: “a veciñanza que se achegue ás oficinas municipais ten garantida a atención presencial”

A edil de Participación explicou que “nos servizos de Rexistro, Padrón, Cemiterio, Tarxeta Cidadá e OMIC habilitouse a cita previa, que permite reducir o tempo de espera e garantir unha atención rápida da veciñanza”

“As persoas que se achegan sen cita son atendidas no primeiro oco dispoñible no servizo”, explicou Cristina López

Cristina López: “a veciñanza que se achegue ás oficinas municipais ten garantida a atención presencial”

Lugo, 02 de febreiro de 2023. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, afirmou que “a veciñanza ten a atención garantida nos distintos servizos municipais dependentes da área de Participación”. Cristina López explicou que “a veciñanza pode solicitar cita previa para a atención presencial, garantindo que será atendida a unha hora concreta sen ter que esperar nas oficinas de atención, ou presentarse no Concello”, e engadiu “as persoas que se achegan ás oficinas sen solicitar cita previa son atendidas no primeiro oco dispoñible no servizo”.

O sistema de cita previa está dispoñible para os servizos de Cemiterio, Estatística, Información ao Consumidor, Rexistro e Tarxeta Cidadá. Para solicitar a cita, deberase iniciar o procedemento a través do formulario habilitado na web concellodelugo.gal, seleccionando o servizo ao que se dirixe e o tipo de trámite a realizar, e escoller a data e hora desexada para presentarse no Concello. Despois deberanse cubrir os datos persoais da solicitante, incluíndo un teléfono de contacto e un correo electrónico, medios aos que chegará unha mensaxe confirmando a reserva da cita.

A través do mesmo trámite da web do Concello, pode eliminarse unha cita solicitada previamente, liberando a hora para que outra persoa poida asistir a realizar un trámite nese momento. Cristina López afirmou que "queremos facilitar á veciñanza o acceso aos trámites presenciais no concello, garantindo que todas as persoas poidan ser atendidas de maneira fluída e sen retrasos".

Cristina López: “a veciñanza que se achegue ás oficinas municipais ten garantida a atención presencial”