Cultura celebra o día dos museos nas salas museísticas municipais

As 10 primeiras persoas que se achegaron esta mañá ás salas museísticas municipais recibiron un libro procedente do fondo bibliográfico municipal

Cultura celebra o día dos museos nas salas museísticas municipais

 

Lugo, 18de maio de 2020. Durante o día de hoxe, coincidindo coa celebración do día internacional dos museos, as distintas salas da rede museística municipal agasallaron libros procedentes do fondo bibliográfico municipal ás 10 primeiras persoas que se achegaron a cada unha das instalacións. “Queremos animar ás veciñas e veciños de Lugo a achegarse ás salas museísticas municipais para coñecer a historia e o patrimonio que se almacena nelas”, explicou Maite Ferreiro.

 

Maite Ferreiro afirmou que “desde a área de Cultura estamos traballando para achegar as distintas instalacións á veciñanza”, e lembrou que “nos últimos meses realizamos distintas accións que tiveron como protagonistas ás salas da rede museística, como as actividades de Samaín”.

 

O Día internacional dos Museos celébrase anualmente desde o 1977, e ten como obxectivo concienciar sobre a utilidade dos museos como un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.

Cultura celebra o día dos museos nas salas museísticas municipais